19/03/2026
É unha canción ben parba a que toca. Non hai PAZ no horizonte do despeiteado que montou o seu propio clube pacifista infecto. Xa está todo dito. Agora toca regar as navizas con Getorade. Có que leva chovido.
04/01/2026
O eunuco laranxa fai o que lle peta e ninguén lle tose. Anda de pistoleiro coa pirola de macho alfa a tocar os collóns polo mundo adiante. É o novo fascismo da idiocracia gilitotecnopija que pensa, no seu cerebro de ganso, que todos somos unha panda de miserables que non merecemos máis que, no mellor dos casos, a servidume en nome do seu ego.
Teñen tanta miseria moral como cartos no peto e tan podre a cachola que están a anos luz de entender ao pobo que vai traballar cedo tódolos días. Estes sonche o demo con rabo e cornos que o queren todo por nada. Vai ser que a nosa dignidade non está á venda por moito que nos vexan igual que vermes aos que esmagar. Todo este lixo cerebral está a dirixir o novo Orde Imperial para facerse máis noxentamente poderosos e ricos. Pagarémolo todos con sufrimento pero algún día terán que pagalo eles tamén. Hai que metelos nunha nave a Marte...
09/08/2025
Están ben crecidos e cheos de razón, pensan eles. Tan crecidos que xa fan batidas de vidros rotos. Tanto, que non teñen vergoña.
Están xa triunfantes. E o antifascismo desaparecido e sen esperanza. Arrasado na perplexidade e na comodidade do hoxe tócalle a outro.
Outro día será tarde. Xa é moi tarde.
15/07/2025
As guerras mundiais sempre son tal cando xa pasaron. Antes diso son o que nos toca vivir, o día a día. Non cae un na conta pero xa imos estando nela. E sempre son guerras fascitas.
Caemos na conta cando xa é tarde, cando todo esta revolto e a casa sen barrer. Son tan malos os outros que hai que eliminalos. Desfacerse deles. Morto o can...
O certo é que cando nacemos somos o mesmo. Ollos, mans, patas e unha bondade infinita. O que somos despois, pasado un tempo, é proporcional a canta merda nos meteron na cabeza. Homes e mulleres, pecados, infernos e ceos, non matarás, lei do talión, ao tercer día resucitou e coas preferentes fágase inversor. Non hai más idiota que un patriota, abandeirado ou non, tanto me ten. Moita merda xunta na cabeza.
O que realmente queremos en todas partes, no mundo mundial, é o mesmo. Un teito, algo de xantar e un pouco de festa cos veciños.
07/06/2025
Alfa machos por ver quen a ten máis. Galiñas sen cabeza. Palillo na barra do bar. Gillitos gilipollas. Puteros ketamínicos. Mandando no mundo mundial.
Rusia poderosa, bomba nuclear. Ucraina onde estás. Gaza faime gracia. O mundo está moi mal.
01/06/2025
Xa sabemos que todos somos ETA, ou Hamas. Apoiamos a terroristas por non ser sionistas e hai un novo papa que tanto me ten.
O chalado pacificador non pacificou nada e parece que quere montar un Marina Douro en Gaza mentres ao moskito estóupanlle os foguetes por ver se chega a ser marciano. Xa afanou cartos e arredios que vai a Marte. Rir ou chorar.
Os arenceis agora chos poño, agora chos quito, vólvochos poñer. E Biden foi executado no 2020 disque. En linguaxe fascista normalizado.
Vaia panorama noxento e idiocrático. Millonarios idiotas para gobernarnos ou para os seus intereses.
E o silencio. Todo o mundo calado. Sin dicir nada. Eu digo. Palestina libre, dignidade e resistencia!!
02/02/2025
Xa chegou o mono coa pistola. Vaia perigo ten. Un tolo burro, necio e soberbio con ansias de grandeza. Aplaudido. Unha grande e libre, fagámola grande outra vez. Querémolo todo, por todos lados. Porque merecémolo. Porque yo lo valgo. Porque me peta. E a Amanita Muskaria co seu veleno dando tumbos. Ben crecidos están.
Logo choraremos. Quen poida chorar. Que moitos nenos e nenas xa non poderán chorar máis.
06/01/2025
Chove sobre mollado. E mexan por nós. As estampitas son as dos nenos e nenas que xa non están neste mundo. O sagrado corazón é un cancro a estirpar. Neste mundo mollado de bágoas, o tonto mira o dedo que sinala o ceo.
Teremos un coche eléctrico. Unha sartén de teflón cerámico á pedra. E unha alma podrecida que mira ao inferno. Riremos o último polo si ou polo non.
19/11/2024
A barbarie o invade todo. Esperamos xa o final porque non hai moita esperanza. Os que veñen rematarán de derrubar, convencidos da súa causa, o que quede en pé.
Hai moito psicópata poderoso e ignorante. Todos os poderosos son psicópatas e arrogantes. A ignorancia coa sobervia sempre foi atrevida. É o que ten.
Hai tamén quen, sendo miserable, síntese poderoso ou pensa que pode selo algún día. Pero levántase todos os días temperán para ir traballar e poder pagar algunhas facturas. No mellor dos casos.
08/10/2024
O mundo é barbarie.